Mostra do Ensino Galicia 2012  A Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación  Universitaria organizou a  Mostra do Ensino Galicia  2012, que tivo lugar entre  os días 11 e 14 de abril no  recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.

Máis información

 

Congreso Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, tivo  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade, dirixido ao  profesorado e aos  profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado.

Máis información